26/04/07

Despedida

(20º da serie "Épica apócrifa")

Clemente foise operar á Coruña. Do corazón. Levouno un fillo no coche, e ó iren arrancar non aparecía. Cando o fixo e por fin partiron botou unha mirada detida para a casa, as cortes, a palleira e o forno, a aira... ía quedando todo atrás. Dentro do coche impúxose un tenso silencio que finalmente rompeu a muller para preguntarlle onde se metera, que non o atopaban. Funme despedir das vacas, dixo Clemente. Os acompañantes fixeron broma con que aínda había levalas pacer moitas máis veces.

Clemente volveu da Coruña na caixa. As vacas non paraban de muar o día do enterro, sería por non estaren afeitas a tanto trafego de xente pola casa.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home