Nenos (2)
(14º da serie "Épica apócrifa")
Unha estrada rural en Baralla. Nun punto concentra nenos un Land-Rover, nenos que en viaxes sucesivas vai baixando das aldeas circundantes. Aquí recolleraos o autobús do transporte escolar. Agardan e matan o tempo (ben del os das primeiras viaxes) en dar patadas a un balón mentres sacoden as lagañas e escorrentan o frío da madrugada.
Hoxe comeza un novo curso. Hainos veteranos, que desfogan no reencontro furor atrasado, e un novo. É o seu primeiro día de escola, e non sae de detrás do seu irmán, un ano maior ca el e xa curtido nestas lides, que non xoga á pelota cos demais por non deixalo só. Escoitase un ruído forte que de inmediato recoñecen, interrompen o partido e apartan da estrada que invadían. Pasa unha moto grande a toda velocidade, e saúdan recreándose na contemplación do motorista, un que traballa de mecánico na vila e que coma sempre vai xa tarde. Aínda presente o rastro de ruído e fume, o neno pequeno, temeroso e admirado, asoma un lado da cara por tras do seu irmán. Obsérvao o maior, e dille:
- Mira, é unha amoto.
- Aaa!

Etiquetas: Serie "Épica apócrifa"
1 Comments:
Ei, onde andas, meu. Nin se che ocorra deixar fragmentaria a épica apócrifa, que estou enghanchado. Veña, unha aperta
By
eue, at 3:49 da tarde
Enviar um comentário
<< Home