08/05/06

Verdadeira soidade (dous)

(8º da serie "Épica apócrifa")

Madrid, barrio de Salamanca. Rúas incólumes, tendas opulentas bufando cara a fóra luxos inalcanzables, barullo urbano de aparente abondosa comunicación, indecente exhibición de voces, coches, músicas, cousas...

Enlixando xa coa súa soa presencia un tramo discreto dunha desas rúas, tirado no chan, nun anaquiño de paseo estrado de cartóns, un vello méndigo observa indiferente escaparates, luces e reclamos, vehículos... e moi atento o interminable desfile de persoas, como agardando un cruce fugaz de miradas, unha mínima oportunidade para un aceno e un reclamo de atención. E entón, acadada a pausa breve do transeúnte, nun susurro, un fiíño de voz, pide a hora, e cando o outro xira o pulso para vela, e o mira de novo ó dicirlla, descobre que xa non atende, xa non lle interesa a resposta. Que máis lle ten a el a hora que sexa. Preguntábaa só por falar, máis aínda: para que non se lle esqueza o falar. Para ter a oportunidade de pronunciar uns poucos sons e escoitar a súa propia voz. Na súa sorpresa ignora aínda o viandante o sentido máxico do acto, descoñece afortunado os medos escorrentados e a importancia do verificado nese rito seguramente diario de dicir algo. O que sexa.

Etiquetas:

3 Comments:

  • É verdade. Miña avoa pregunta a hora seguido.
    E puxeches "mÉndigo". ;-)

    By Blogger eue, at 5:53 da tarde  

  • "...unos textos preciosos hechos de sentimientos sinceros".
    Luis Miguel Rodriguez (comentarios sobre o disco ‘Voayeur’ de Luciana Carlevaro)

    "Te conozco porque mi mamá nos lee tu artículo todos los domingos y me gusta tu manera de ver la vida".
    (Admirador da escritora e comunicadora social Maytte Sepulveda)

    By Anonymous Anónimo, at 6:40 da tarde  

  • E o tipico truco para ligar que se usaba antes.

    By Blogger acedre, at 5:13 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home