Chufón
(9º da serie "Épica apócrifa")
Cando o rapaz de Trasalba lle dixo a seu pai que ía casar este aínda non as tiña todas consigo. Quería ir sobre seguro e decidiu chamar un afamado chufón. O chufón era unha especie de casamenteiro, un personaxe que interviña no amaño e concertación dos matrimonios, un mediador entre as familias contraentes que aparentemente facilitaba as negociacións pertinentes, aínda que en realidade máis ben eran artistas da adulación e a retórica retranqueira que a miúdo cobraban polos seus servizos, sen embargo non era este o caso, que aínda arrimaba algo á familia.
A intervención desta especie de “home bo” restrinxíase a ocasións puntuais e importantes, xeralmente á cerimonia de pedida de man, onde facía todo o posible por poñer o noivo como o mellor dos partidos: describía a súa casa, os bens, a facenda -esaxerándoo todo e acrecentándoo no posible-, e louvaba as características persoais do pretendente, cousa que preocupaba especialmente ó patrucio de Trasalba.
A comitiva de pai, noivo e chufón chegaron á noitiña á casa da pretendida. Mandáronos pasar para a cociña e reuníronse todos ante a lareira. Desenvolvíase a conversa baixo a fórmula habitual: os pais dela escoitando escépticos, o noivo caladiño coma unha pedra, seu pai describindo a facenda familiar, e o chufón apostillando fachendoso.
- Pois miren, nós témoslle catro vacas. Comezou por dicir o pai.
- Sen contar as xovencas... Interviu, engadindo suposta precisión ó dato, o chufón.
- E uns pradiños, na veiga.
- ¿Pradiños?, se son os mellores da parroquia, cunha presa de auga por riba que dá para regar todo o ano... Retrucaba o chufón.
- E o rapaz xa o ven, está ben criado...
- ¿Ben criado?, ¡é forte coma un touro!
- Agora ben, é algo paradiño...
- ¿Algo paradiño?, ¡é fato de todo!.

Etiquetas: Serie "Épica apócrifa"
2 Comments:
Isto vai en comentario que non fai parte do texto: Chufón ven de “chufar”, claro, e a primeira noticia deste verbo ven no noso cancioneiro medieval. Nunha famosa tenzón, o xoglar Lourenzo e o trobador J. García de Guilhade rivalizan sobre o mérito de cada un na arte de trobar, e o trobador remata por restar credibilidade ás aseveracións do xoglar coa sentencia: “Chufar, Lourenzo, chufar!”.
By
caravelete, at 10:14 da manhã
Very cool design! Useful information. Go on! Iui clomid dentist Portable dishwashers adapters Recreational activities wheelchair line vicodin Vr design crack kitchens bedrooms electric wheelchairs Sony noise reduction headphones Small business life insurance Tracking ip address porn wifi network savaria wheelchair lift
By
Anónimo, at 11:02 da tarde
Enviar um comentário
<< Home