Verdadeira soidade
(4º da serie "Épica apócrifa")
Compostela, noite de chuvia e frío. Rúa medio baleira só transitada por esporádicos estudiantes en retirada cara á casa, que pasan estoicos, armándolle á auga, dobrándose e encollendo a cabeza entre os ombros, como se isto ofrecese algunha protección, ou buscando o abeiro de intermitentes soportais.
Un grande escaparate, unha luz amarela, morna, transpirada polos gordos vidros, ilumina tenue o entrante que dá acceso á tenda, un comercio de traxes de noiva. Refuxiado da chuvia neste espacio cuberto, un méndigo apoia a cara nos cristais e remexe nos farrapos do pantalón buscando a petrina. Os manequíns, ataviados de branca pureza para esponsais, locen sorrisos xelados, el míraos fixamente e comeza a masturbarse. Transparencias téxtiles, encaixes e amplos escotes mostran anacos pálidos de falsa pel malamente imitada, e el obsérvaos e aprícase á labor. Os manequíns permanecen indiferentes, pero o home afánase na quizais inútil manipulación do negro prepucio.

Etiquetas: Serie "Épica apócrifa"
3 Comments:
Que duro. Que bo.
O meu favorito polo de agora.
Parabéns.
By
eue, at 8:35 da tarde
Impactante.
By
acedre, at 5:39 da manhã
Magnífico texto. Os meus parabéns.
By
Veloso, at 9:40 da manhã
Enviar um comentário
<< Home