07/03/06

Fraga e o 23-f

As declaracións de Fraga na Convención do PP non merecerían o traballo que dá teclear estas liñas, pero é que me toca de preto. Moi de preto.

Dixo que o golpe de estado do 23-F dérono “personas, sin duda llenas de buena voluntad” e “Con un gobierno dimitido”, supostamente para xustificalo, aínda que a min non se me alcanza entender estes “argumentos”: ¿cando demiten os gobernos pódense dar golpes de estado? ¿foi por isto polo que non dimitiu el, por exemplo, co do Prestige?, ¿as “boas” intencións políticas son desculpa para actos violentos contra os estados? Se así fose con outros ollos habería que mirar moitos dos conflictos que nos rodean...

Miña avoa estaba mal do corazón, sabiamos que calquera cousiña podía acabar con ela, pero non era moi vella e ía tirando. A noite de aquel 23 de febreiro foi para a cama moi preocupada, non paraba de repetir os nomes dos seus netos, pois tiña moitos e varios deles estaban en idade de seren alistados, incluso un estaba nese momento no servizo. Recordaba a guerra que ela vivira, a fame que a seguira... Ningunha palabra tranquilizadora a sacaba da súa teimosa lembranza. Pola mañá apareceu morta. O corazón non lle puido, morreu crendo que viría un novo 1936, morreu coa pena do que pasaría cos seus netos mozos.

Hai anos de todo isto, estaba pola miña parte case esquecido, e igual lle teño que agradecer que me avivase o seu recordo. Na memoria da miña avoa poñerei aquí un día destes unha historia de “Épica...” que ela contaba e co-protagonizou.

3 Comments:

  • Sintoo por ti e pola tua avoa que debeu de sufrir e rematou morrendo asi.
    Ogalla que a historia do 36 non se repita e que o Fraga acabe por calar que xa non ten nada que dicir.

    By Blogger acedre, at 4:46 da manhã  

  • Neste post tes xa unha boa historia para Épica..., unha historia que merece a pena ser contada e non ser esquecida.

    Agardamos as novas entregas ;-)

    By Blogger eue, at 4:47 da tarde  

  • Síntoo moito. Apertas!

    By Anonymous Anónimo, at 12:48 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home