21/02/06

Manías

Tarde, mal, e arrastro (están sendo estas semanas algo fodidas en canto a choio) vou responder ó convite de dar as miñas manías.

1- Téñolles manía as cadeas e todas estas movidas de reproducción xeométrica (piramidais ou o que sexa), pero tamén aprecio que amablemente me convidase r.r., así que intentarei responder o máis sinceramente posible. O que non vou facer é convidar a outros cinco, porque contribuír a espallala xa me parece excesivo, e porque a maioría dos blogs que visito se non participaron xa é porque están medio parados.

2- Téñolles manía a determinados temas de conversación: aqueles enquistados nos que cada quen ten decidido de antemán a súa postura (que veñen sendo a maioría das discusións, pero cando isto se transpira ás conversas “normais” perden estas todo sentido), tamén as fabulacións sobre tópicos (do tipo “os galegos non se sabe se soben ou se baixan”, “as mulleres teñen máis ou menos nonseiqué” ), e en xeral todas aquelas nas que no acto de falar non hai nin comunicación nin función lúdica, só refritido e retroalimentación de preconceitos. Nestes casos só o recurso ó silencio me salva da irritación que me provoca tal manía.

3- Téñolle manía a inexactitude. Especialmente á inexactitude lingüística. Agora mesmo estou sufrindo por non ter claro se debo poñer aquí as miñas teimas. ¿Son o mesmo as teimas que as manías?, parece que non pero ¿hai conxunto intersección entre ambas? ¿hai diferencia de grao ou de enfoque?

4- Profeso unha tendencia á filio-fobia coas persoas públicas que se pode cualificar de manía. Xornalistas, actores, escritores, directores de cinema, músicos (tamén políticos, pero iso é outro cantar)... ou me caen ben e tendo a ensalzar a súa obra e opinións, ou me caen mal e tendo a desprezalas. Son consciente das inxustizas que cometo con este proceder maniqueo, pero non o podo evitar. Paulo Coelho pode escribir o Ulises, que eu xa sei agora que non llo lería, e ademais que opinaría sen cortarme un pelo que é unha merda. Manías que un ten (a título de exemplo).

5- Téñolle manía ás terrazas. Encántanme os bares, restaurantes, cafés, e en xeral case todos os establecementos de hostelería, pero dentro, co seu fume, o seu cheiro, os seus clientes e empregados... só en contadas ocasións ou en ubicacións excepcionais aturo sentarme nunha terraza.

3 Comments:

  • Gracias e desculpa a gilipollez (incorrección que non soportas). A min tampouco me fan gracia as cadeas e o que fixen foi escoller os que tiña máis cerca. Síntoo. A próxima invitación ha ser máis agradable.

    Isto converteuse por esta banda nunha invitación-castigo...

    By Blogger R.R., at 2:23 da tarde  

  • Encántame o que contas, identifícome con todas as túas manías,especialmente as dos preconceitos. Só non coincido no das das terrazas.

    By Anonymous Anónimo, at 8:49 da tarde  

  • Batea: gracias polo comentario e benvida/o
    r.r.: non home, tampouco é para tanto, unha cousa é estar contra todo isto así "en teoría" e outra que sexa un castigo.

    By Blogger caravelete, at 4:58 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home