30/01/06

Obradoiro con fiestras

O ohqtomr, que é o tipo que mira polo ollo da vaca, puxo na rede un invento (no sentido etimolóxico do termo, como Teodomiro, vaia): vai ir facendo un libro de poemas á vista dos internautas, dándonos a posibilidade non só de presenciar o proceso, senón tamén de opinar sobre el.

Cunqueiro dicía “o poema é a parte que eu teño na Creación”, e non llo imos discutir, hai efectivamente algo de “deus” en todo creador, pero con esta proposta imos asistir a unha descentralización do parnaso e a unha democratización do panteón, que quen sabe, igual remata por ser república.

Visitádelle este obradoiro aberto ó público.