Lingua: “Zara Home”
Manda carallo, que revolto anda o mundo.
Pareime diante dun cartel que pon “Zara Home”, comezaba a ensarillar unhas medio-reflexións sociolingüísticas... e seguín mirando… ademais o escaparate amosa pratos, cuncas, copas, manteis… Pensei por un intre que o Sr. Ortega lle ía dar un xiro á política de imaxe da súa empresa, ou que se lle fora a chencha: aquilo era moito, non só usaba por primeira vez na súa historia o galego, senón que atribuía sen complexos as caharradas de cociña e os útiles de fogar ó xénero masculino.
É o bon que temos os que somos case un analfabetos funcionais en inglés. Facemos traduccións tan libres que melloran o orixinal.
Pero a cousa ten o seu aquel: unha empresa dun país coa poboación maioritariamente analfabeta funcional en inglés usa este como lingua de imaxe corporativa, e a lingua propia dese país non a emprega nunca, e todo isto porque así vende (ou pensa que vende) máis.

2 Comments:
¿Empresa galega? Mmm.
Unha miña amiga ten os pais moi despistados co de ZaraHome. Unha e outra vez insisten en ir alí a ver roupa para el, e tópanse con que os manteis e sabas non lle dan alá moita elegancia.
¡Pintemos!, suxiro.
By
erik cachuzo, at 12:13 da manhã
¿Sabas? Non, son túnicas bordadas.
¿Coladores? Non, son coquillas con mango.
¿Salseras? Non, preciosas zapatillas de cerámica, cómodas e quentes.
Vamos, que non se viste en ZARA"HOME", o cabaleiro que non quere.
By
Anónimo, at 9:14 da tarde
Enviar um comentário
<< Home