Cervantes
Cervantes era de Cervantes. Don Miguel, o do Quixote, era dos Ancares. Concretamente da casa de Saavedra, de Vilarello, hoxe concello de Cervantes. Iso se desprende de recentes investigacións, e con iso se relacionan varias iniciativas que emprenderon nesas terras e que recolle a Voz de onte. Realmente de alí eran os seus ancestros, pero isto tampouco hai que destacalo moito, que en Galicia ése da casa que se é aínda que non se viva nela, e non se perde o conxunto de dereitos e obrigas que comporta esta pertenza nin estando na emigración. É coma os de Bilbao, que nacen onde lles peta.
Pero eu teño outra teoría, aínda máis irrefutable que os documentos e indicios que citan na Voz. En realidade non é unha teoría, é unha evidencia, e téñoa desde neno, pero necesita explicación:
A tallada que máis me gustou sempre do coello é a pata de diante. A esta parte do animal chámaselle na miña terra (que non é moi distante da de Don Miguel) “quixote”. Cando de neno a comía colléndoa cos dedos sabía (sabía, si, son certezas que un adquire non sei se por descubrimento ou revelación, pero afíncanse en un como tales) que o Quijote se chama así polo seu enorme parecido co quixote de coello (tamén co de año, a outra escala). Se mirades estas patas asadas enteiras repararedes inmediatamente na semellanza: un tramo longo e fino e logo unha parte ensanchada e aplanada que remenda de forma totalmente fiel a triste figura do cabaleiro en posición encorvada. As patas de atrás non, os quixotes de atrás son regordetes e curtos, e de recordar a alguén sería a Sancho.
Dirédesme que Quijote é unha derivación despectiva do apelido Quijano, co sufixo “-ote”, pero é que Cervantes podíalle ter posto o apelido que quixese, e eu creo que se lle puxo ese foi para poder facer ese mote, que non era outra cousa que unha palabra por el coñecida de cando súa nai lle daba de neno pata de coello guisada. Tamén me diredes que quixote non é máis que unha variante (vulgar ou dialectal) da palabra coxote, pero a min que. Cervantes tiña que ser galego para bautizar o seu personaxe co nome dunha magnífica e saborosa tallada de carne (a ironía que implica só ten explicación sobre a base teórica da retranca). A cousa non ten volta.

5 Comments:
Interesante - e saborosa - teóría.
By Anónimo, at 4:36 da tarde
¡Si ho, moi boísima teoría, vas ver que non hai quen cha desmonte!
Por certo, un día hei poñer unha receita dun coello fritido(os quixotes levarán o seu nome máis acertado sempre d'hoxe en diante). Pero será como resposta a outra que poñas ti sacada desa terra fermosa.
By erik cachuzo, at 6:39 da tarde
É moi bonito e ocurrente.
By Anónimo, at 9:08 da tarde
seica estes días o tema estivo na prensa. semella que hai unha asociación en cervantes de lugo que reivindica ese asunto e están a argallar un museo cervantino nunha vila de por aló...
cousas veredes... (e nunca tan a conto dito)
By edu, at 4:02 da tarde
Si, señora vaca, non é de coña de todo. O enlace á voz do post é precisamente a unha desas noticias
By caravelete, at 2:38 da tarde
Enviar um comentário
<< Home