18/01/07

2006: Resumo do ano

O contador de visitas “weboscope”, o "weborama" responsable desas ventás tan molestas que lanza este blog, informa (como case todos) das visitas recibidas. En todo o ano 2006 foron unhas 2.600 visitas; usuarios únicos (visitantes distintos -IPs distintas en realidade-), uns 2.200; e páxinas vistas unhas 5.300 en total. Non me parecen moitas nin poucas (¿cal pode ser a referencia para comparar?), pero si excesivas para o pouco que o atendín, sobre todo ultimamente.

Pero o Weboscope proporciona tamén algunhas informacións máis interesantes que o mero cómputo, como o modo de chegada ó blog. Neste caso a maioría proceden de enlaces noutros blogs, concretamente, e por esta orde:

http://bretemas.blogspot.com,
http://reidecopas.blogspot.com,
http://haicu.blogspot.com,
http://asuvasnasolaina.blogspot.com,
http://fiosinvisibles.blogspot.com,
http://aliciacrece.blogspot.com,
http://oollodavaca.blogspot.com,
E algún outros xa con poucas visitas.

Hai moitas visitas que veñen vieiros (blogomillo...), e tamén de búsquedas en Google (.com, .es, .pt, .br, .ec, .bo, e outros que non sei nin de onde son, como .sv, .py, .tr...), e tamén de outros buscadores, pero con moita menos representación. E o máis interesante: o que buscaban eses visitantes. Estes son algúns exemplos desas procuras:

http://www.google.com.bo/search?hl=es&q=cuales+son+las+clases+de+bebedores&meta=
www.google.com.sv/search?hl=es&q=el+deterioro+de+los+rios&lr=
www.google.com.py/search?hl=es&q=lecturas+epicas+gratuitas&lr=lang_es
www.google.es/search?hl=es&q=costumismo&meta=lr%3Dlang_es
www.google.es/search?hl=es&q=santo+milagro+del+cebreiro&meta=
http://www.google.es/search?hl=es&q=cami%C3%B1os+tradicionais+entre+aldeas+no+Courel+&btnG=B%C3%BAsqueda&meta=
www.google.es/search?hl=es&q=anecdotas+cagar+Coru%C3%B1a&meta=
www.google.com.tr/search?q=+lumes&hl=tr&lr=&start=10&sa=N

Hai outros datos nas estatísticas que se poden cualificar de “curiosos”: os tamaños de pantalla/resolucións das tarxetas e monitores dos visitantes (1024x768 a maioría, a certa distancia 80x600), os navegadores que usan (onde chama a atención o absoluto dominio do Explorer nas súas distintas versións, e a escasísima cota do Ópera):

Internet Explorer 6: 80.96 %
Netscape 6+, Firefox: 13.17 %
Internet Explorer 5: 2.03 %
Safari / Konqueror: 1.17 %
Opera: 0.94 %
Netscape Navigator: 0.57 %
Internet Explorer 5.5: 0.41 %
Firefox 2: 0.40 %
Internet Explorer 7: 0.36 %

En resumo, que é un bo contador, pero creo que non compensa a molestia das ventás emerxentes, e vouno quitar, que a información “substancial” pódese conseguir con outro menos pesado e as “curiosidades” tanto teñen.

4 Comments:

  • amigo Caravelete etim.(algo que move o vento caprichoso) véseche o plumeiro. eu que pensaba k eras poeta -popular, eso sí- non sei k pensr da túa repentina querencia pola estadística, polos números. mais todalas compañías -cias- de mobiles entre outras (da nova economia, das nadas despois de leer e estudar marketing na internete) van o mesmo sitio (non website)
    andas a mirar de cobrar polas visitas. decía o clásico: 5000 visitas a un € a visita son 5000 €s ...e poderias entrar no accionariado dunha petroleira rusa..por exemplo.
    mágoa e co clásico referido non sexa un manual o uso dos economistas...é o conto da leiteira

    By Anonymous Anónimo, at 1:29 da tarde  

  • É que nos números tamén hai poesía, he, he. O malo é que, conta o que porognosticas, non hai xeito de tirar un can (peso, euro...) de todo isto. Xa quixera eu un euro por visita, pero para iso máis me vale porme á porta dunha igrexa. O único que tira proveito é o contador (pola publiciidade que eles cobran e nós sufrimos), e iso motivou o post: queixarme do "weboscope"

    By Blogger caravelete, at 12:51 da tarde  

  • ola tio soy andrea que esta muy bien tu pagina,bueno ya nos veremos el domingo y que lo paseis bien.ahora me voy para el colegio


    besitos

    By Anonymous Anónimo, at 3:05 da tarde  

  • Ola tío pois nada eu acabo de chegar de madrid,a pena e que vin con febre e me encontro un pouco mal,a ver cando nos vemos.
    nos choveu moito ali en non poidimos ir o parque de atracciones,bueno pois nada bicos e abrazos.
    P.D.que sigo crindo que a paxina esta moi ben e vouna visitar a menudo



    Tua sobriña

    By Anonymous Anónimo, at 6:04 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home