02/03/06

Épica apócrifa

(intencións)

Teño un “libro” de relatos curtos que hai uns tres anos mandei a tres ou catro editoriais. O proxecto quedou abandonado no disco duro porque só Brétemas me respondeu (para dicirme que non lles interesaba, pero leuno e contestoume, que os outros nin iso), e visto que co paso do tempo se está quedando rancio e que por extensión (unha a dúas páxinas xeralmente) os contos acaen ben ó formato dos “posts” voulle ir dando saída a poucos neste blog, conformando unha serie que titularei como tiña pensado chamarlle ó libro. Se a cousa ten éxito rematarei por colgalo en formato .pdf e .lit. Xa se verá.

Digo que se están quedando rancias porque son historias escritas nos anos noventa (do século pasado!), e sobre todo o ton está hoxe caducado. Se as escribise agora o ton non sería épico senón elexíaco, e non só porque moitos dos que mas contaron ou protagonizaron estean mortos, senón sobre todo porque as tabernas nas que aconteceron ou pasaron a papel-memoria (as tabernas son un verdadeiro locus amoenus para a épica popular) están pechas, as casas que habitaron os seus protagonistas están abandonadas ou en ruínas, e en xeral os contextos que as produciron desapareceron para sempre

Etiquetas:

4 Comments:

  • Sinto tercho devolto. Seguirei visitando este espazo, así saberei de qué orixinal se trata. Saúdos.

    By Blogger Brétemas, at 9:44 da tarde  

  • Engánchome ao choio, ten boa pinta.
    Prometo ilo lendo a medida que o vaias publicando.

    By Blogger eue, at 11:25 da tarde  

  • Eu tamén. Polo que escribiches hasta agora, a cousa promete.

    By Anonymous Anónimo, at 11:58 da tarde  

  • Brétemas: descupa que te nomease, fíxeno porque creo que te honrra.

    A todos: gracias polo interese e espero non defraudar.

    By Blogger caravelete, at 12:40 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home