20/12/05

Viño, o (¿bebedores pasivos?)

Hai un paxaro cantareiro que polas mañás cedo berra a quen o queira oír con oídos de comprender ¡A auga é boa, a auga é boa, e o viño, que riiiquiño, que riiiquiiiño!!!

É o Ouriolo, pero o seu parecer é extensible a boa parte da fauna galaica, irracional e da outra. Os porcos, por exemplo, afecciónanse moito cando para a ceba se lles botan os restos do fondo das barricas, e non lle poñen peros por picado. Pero é nesa outra fauna onde a preferencia se mostra coa súa terca faciana:

Un caravelete foi visitar a outro, seu irmán, ingresado no hospital de Calde. Baixou xantar á cafetería do hospital. O menú non era gran cousa e pediú un bisté (hai que ir ó seguro cando se come fóra). O problema veu cando lle dixeron que non había viño. Explicoulles que el, nos seus 80 anos, non deixara nunca de beber un vasiño á comida, e que a día de hoxe non estaba enfermo… pero nada, dicían que non o había. Deduciu que mentían. Entendía a restricción para os enfermos (que ningún había no local, se puidesen baixar ó bar non estarían ingresados, marcharían para as súas casas), pero non a entendía para o resto dos humanos, xa fosen clientes da rúa ou visitantes dos pacientes, e menos para os propios empregados da cafetería. Visto que da camareira non conseguía nada colouse na cociña, para pedirlles do que de seguro tiñan para eles. Non era un maleducado, é que non lle collía na cabeza que non tiviesen agachado algún para beber eles, non lle parecía normal que se poida comer sen viño, e menos se se traballa nunha cafetería.

Hai pouco que morreu (os dous morreron case xuntos), e por pouco non lle deu tempo a ver promulgada a lei que podería explicar a ausencia de viño nas cafeterías dos hospitais, pois pode ser polo mesmo que se prohíbe o tabaco, para preservar os doentes da posibilidade de seren bebedores pasivos. A explicación científica desta grave afectación pola pasiva non terá dificuldades se se poñen, pola vía dos efluvios etílicos que poderían circular polos conductos de ventilación e os ocos dos ascensores, pola da posible contaminación visual nese ambiente aséptico… calquera lles pode valer, o caso é querer, e nisto non parecen presentar dúbidas as autoridades sanitarias.

Claro que se nesta cruzada paternalista se prohibe o tabaco polos fumadores pasivos e o alcól polos bebedores pasivos, habería que prohibir unhas cantas cousas máis, que isto está cheo de necios pasivos (non hai nada mais contaxioso que a estupidez), comedores pasivos (¿a alguén se lle escapa que ver comer como é debido induce inevitablemente a unha pecaminosa gula?), traballadores pasivos (ter un traballador ó lado rematará por provocar en nós actividades non desexadas, non nos enganemos), pasivos pasivos…

O pouco que teño de caravelete incapacítame para unha mellor comprensión destes feitos.

4 Comments:

  • isto re unha prova

    By Blogger pakokabarcos, at 5:54 da tarde  

  • o de antes era unha prova pois redactei antes un longo, documentado comentario e por arte de birbi-birloque desapareceu. non se descarta a presenza de humanoides.



    é un bonito e ben escrito(ex cathedra parlo) conto que xa sei que non é tal.
    fala sara-mago de que a morte definitiva ven o ano ou dous anos do pasamento. A morte definitiva é o esquencemento QUE teñen dún amigos e coñecidos (supoño que tamén colegas) co que tí cupliches cos teus lares. non se oien nas clases doutorales lezós (lecciones) de tan fondo calado cas verbas xustas, fuxindo de todo< artificio barroco aínda que habelo hailo pero é barroco clasicista do XVII.
    nalgun lado me identifiquei eiquí na internet co nome (non m sae ode password)de cascoto que era como se lle chamaba a casa natal do mmeu vello. ergo non eres moi orixinal chamadote caravelete pero isto seguro que cha suda porque SINTES ese alcume.

    pacodecoto tamén tiña as súas pequenas aportaciós o debate viño-auga.

    a auga moi boa non é POIS desfai os camiños.

    na auga sóo se crían rás (ranas)POLO qude non se pode esperar moito dela.

    cambio de pola e de autor pois falas penso nun momento da necedade que coincido contigo que se expande en perigosa e inexorable plaga:

    -el preguntar el uno al otro cuando le entra a visitar habiendo visto la ocupación en la que está "¿qué hace vuesa merced?".es necedad aventajada.

    -el decir uno al otro cuando se ven en alguna parte "¿acá está vuesa merced?". es necedad garrafal xa remato con algo que sinto e che digo en alto nunca renunciarei"por convenio" da lingoa de cervantes e máis quevedo.


    saúdos dun leitor anómalo (ou era amonino)

    By Blogger pakokabarcos, at 10:15 da tarde  

  • Este xa me gusta menos. Enrevesáchelo moito.

    By Anonymous Anónimo, at 9:11 da tarde  

  • Empezase proibindo unha cousa e rematase proibindo todo. Xa mo diras dentro duns anos.

    By Blogger acedre, at 5:13 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home